Política de privacidad

En virtude do artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e do artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPD), os datos persoais recollidos pola Universidade da Coruña serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade, sendo os seus datos de contacto Rúa Maestranza 9, 15001 da Coruña, teléfono 981167000, correo electrónico secretariaxeral@udc.gal.

Os datos entregados á Universidade pola persoa intersada serán tratados para a finalidade específica para a que foran solicitados, lexitimándose ese tratamento nalgunha das bases previstas no artigo 6 do RXPD. Todas as persoas que entren en contacto con estes datos coa citada finalidade cumprirán o deber de confidencialidade establecido no artigo 5 da LOPD.

Os datos trataranse durante o tempo imprescindible para cumplir coa citada finalidade, e serán conservados atendendo aos prazos e criterios establecidos para cada caso concreto de acordo coa lexislación vixente. Os datos non serán transmitidos a terceiros a menos que exista consentimento previo da persoa interesada ou base legal para esa transmisión. 

En calquera caso, a persoa interesada terá dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse ao citado tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poder público, a portabilidade dos seus datos. Así mesmo, terá dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfiles.

Tales dereitos poderanse exercer dalgunha das seguintes formas:

  • destacadamente, a través do formulario para o exercicio dos dereitos en materia de protección de datos persoais, que se pode cumprimentar nesta mesma Sede electrónica no apartado Outros trámites;
  • mediante solicitude ao responsable de tratamento dos datos (UDC, Secretaría Xeral), ao enderezo Secretaría Xeral, Reitoría da Universidade da Coruña, Rúa Maestranza 9, 15001, A Coruña, ou ao correo electrónico rpd@udc.gal; tamén poderá presentarse a solicitude a través do rexistro telemático desta Sede ou nos rexistros presenciais da UDC.
  • mediante solicitude á/ao delegada/o de Protección de Datos, ao mesmo enderezo postal anteriormente indicado, ou ao correo electrónico dpd@udc.gal; tamén se poderá presentar a solicitude a través do rexistro telemático desta Sede ou nos rexistros presenciais da UDC.

Así mesmo, as persoas interesadas terán dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).